Se ha producido un error en este gadget.

miércoles, 2 de octubre de 2013

O CURRO

ao galope
có medo e a suor esvarando
cercados por cordas e lazos
baixaron do monte os cabalos

medraron sen brida
coa crina no aire

no foxo do curro
loitaron no po
contra a marca do ferro
a couces e a bocados

na fogaxe da liorta
unha egua fuxiu da manada

un rincho salvaxe
esgazou a sixilosa cantiga do rio

polo monte choveu liberdade




Ana López

2 comentarios:

  1. Fermoso poema descritivo que a vez e un berro de liberdade.

    ResponderEliminar
  2. Sooo...cabalo, para un pouco que teño presa por chegar a o mundo da liberdade. Fora brides, nos vemos no monte sagrado da poesía, sin marcas de ferro e co relincho a todo pulmón. Noraboa

    ResponderEliminar