Se ha producido un error en este gadget.

sábado, 12 de octubre de 2013

LEMBRANZA (a Luisa Villalta)

resucitou
no abrazo

cando os pasos
caían polo sumideiro
do asfalto

emborcados nun tempo
impronunciable

coa desmesura da loba ferida
pola dor que non sucumbe

encadeando ouveos
nunha luz sen retorno

traendo e levando
eternidade


a noite é para espertar


Ana López.

1 comentario:

  1. Ti sempre tan pendente de todo. Os teus poemas poderian constituir unha cronica sociall. Es incrible...

    ResponderEliminar