Se ha producido un error en este gadget.

viernes, 18 de octubre de 2013

A PELÍCULA

Xa vira aquela película moitas veces diante do espello; o mesmo plano curto e esa luz inda branca que iría trocando de tonalidade ó longo do día do branco o negro.
Mentras remataba de peitearse e de pintarse os beizos da cor da cereixa soaba na radio que sempre a acompañaba unha antiga canción que a transportaba a nenez :"que será, será" daquela gustáballe a loira ñoña que a cantaba.
Non pensaba ler o guión, sabía de memoria o seguinte ; un plano americano. Axustou o vestido ao peito e palpou as cadeiras, sabia por experiencia que a cámara sempre se detiña alí.
Pero non foi suficiente, non podía ver aqueles marabillosos zapatos de tacón que lle custaran o que non tiña.
Púxose de pé e empezou o traveling; volta para un lado, para o outro, diante, detrás, de canto, de fronte...O resultado era máis que correcto para a entrevista que a esperaba.
A película podería ser unha comedia ou convertirse nun drama nas máns do entrevistador, eran os donos dos cartos, " os productores" e ademáis dirixían.
Antes de entrar os nervios poideron con ela. Tentou verse cun obxetivo angular para darse confianza.Rexeitou o teleobxetivo sabía que a aplastaría.
Tampouco utilizaría a súa voz,botaría mán da dobre, tiña unha voz máis doce e dócil.
Cando se sentou ante el soubo que estaba perdida. A música soaba moi lonxe e dende onde estaba só era posible un primeiro plano: sentiu o ollo da cámara recrearse no seu medo.
A resposta non tardou en chegar, buscaban unha estrela e ela non chegaba nin a extra.
Nada puido facer para cambiar o final.
Plano xeral.

Mañá comezaría outra vez a película.


Ana López.

3 comentarios:

  1. Un conto feito metafora ou unha habil metafora para retratar unha situacion moi habitual nos nosos dias,

    ResponderEliminar
  2. É un luxo contar con lectoras coma ti.
    Todos somos unha película repetida.

    ResponderEliminar
  3. É un miniconto enigma que me parece moi bo.

    ResponderEliminar