Se ha producido un error en este gadget.

domingo, 6 de octubre de 2013

Un día de corvos

o día
é un mendo doutros días
de horas mal cosidas

un día de canto
a medio espertar

un día victima da noite
seducido polo frío
dos caixóns baleiros

un día que esqueceu o abrigo
do cuarto da lúa

un día de rebaixas
no escaparate xeado da esperanza

un día coa camisa da serpe

un día máis
no inventario dos corvos.


Ana López.

2 comentarios:

  1. Todos temos na nosa vida moitos días "de rebaixas no escaparate xeado da esperanza", por certo preciosa metáfora. Pero ti exprésalo dun xeito, que ata ese mal día semrella fermoso...

    ResponderEliminar
  2. Un dia máis arrincado aos dentes do tempo ....

    ResponderEliminar