lunes, 18 de febrero de 2013

Tras da máscara...




                           
                               Tras da máscara acocho
 a tristeza dos días malos,
 o medo  das noites en branco,
 os ríos de amargura
 que  afondan nas cuncas  dos ollos
 ao contemplar  o lixo que asolaga
 os camiños da terra erma,
 as fochancas onde  afoga  a impotencia,
 as cordas que amordazan a esperanza,
 un baleiro que agarda a liberdade...

Tras da  máscara acocho
as sombras calcinadas  nos espellos,
os rostros transeúntes na néboa,
as mans que un día trazaron
mapas inéditos sobre a incerteza da pel,
os labios  que inventaron palabras
para regalarme un mundo novo
coa choiva suspendida de crepúsculos azuis…

Tras da máscara acocho
as horas que trocaron en cinza, 
as espiñas que me fixeron sangrar,
o espacio negro da dor,  
o peso  da culpa,  
os soños que se tinxiron de xofre, 
as debilidades que cosen a boca,
a angustia de ser eu mesma…

                                                                                                  (Foto propia)

5 comentarios:

  1. !!!GUAI!!! Ó fin podo ler un poema teu despois de largo tempo, xa tiña "mono"Espero que non te fagas tanto de rogar señorita.
    !Como me soan os sentimentos que transitan eses versos!

    ResponderEliminar
  2. Aínda que te fas de esperar cando chegas vale a pena. Derrámaste,
    tanto, que non creo que todo iso quepa tras da máscara .....
    Bonito poema, de verdade. Grazas polo agasallo.

    ResponderEliminar
  3. Grazas amigas.
    Ana sonche moi preguiceira, ademáis a vida empurra e non queda tempo para nada....
    En canto os sentementos, as veces cruzanse e nese punto recoñocemonos...

    Tras da máscara, Gema, levamos unha intensa carga. Ao fin o corpo e a máscara onde vivimos...

    Querovos

    ResponderEliminar
  4. Por fin Doña Concha apareció, subió al cielo y pidió permiso para entrar.
    Y los ángeles, que suponemos que gustan de la poesía con mayúsculas, abren sus puestas de par en par( a esta vaga impenitente).
    Dura y sensible, profunda y triste...¿quien en su sana humanidad no escuchó esos gritos del alma?
    Y cambiando de tema ¿cuando una merendilla...o lo que sea pal cuerpo golfo?.

    ResponderEliminar
  5. Claro que son preguiceira, pero so sei andar pola terra... Ainda que o que me dis do meu poema case me fai "levitar" . Grazas Anxo. por certo , que xogo andas a facer co nome...?
    Cambio de sexo...?
    Ultimamente es ti a que semella que se esta afacendo ao " sillon-bol" ...Digoo polo da merendiña.

    ResponderEliminar