Se ha producido un error en este gadget.

miércoles, 20 de febrero de 2013

!SEMPRE O MAR!

                                 Mar calmo


Mar calmo, espello licuado
dun cincento ceo dilatado.

O vento quedou  durmido
no colo do mencer.

A lúa, enredada nas velas do amor,
troca ondas por caricias.

O sol mira de lonxe,
para non enxugar os bicos da marea.


Escamallos das penas deslízanse  pola praia.


Ana López.

2 comentarios:

  1. Sempre o mar coma bálsamo salgado con sabor a primeiros bicos .....

    ResponderEliminar
  2. Poema con sabor a sal e con claridades de horas azuis....

    ResponderEliminar