Se ha producido un error en este gadget.

viernes, 15 de febrero de 2013

!Teñen palabras para todo!

Hoxe, no mercado, oin unha nova mostra da sabedoría dos ditos populares:" !teñen palabras para todo!".Podedes imaxinarvos de quen falaban...
Inda que ando neso de poñer bridas á escrita, non me puiden resistir a recoller o momento. Nin que dicir ten, que non digo tanto con tan pouco como o dito, pero iso é o que teñen os ditos populares.!Son unha aúténtica fortuna da lingua!

Bueno esto é a miña reflexión:

Camiñamos a cotío levando ás costas os cadaleitos da verdade; ó redor un aire irrespirable acolle a fraternidade do noxo. O saldo da mentira arrasa coa esperanza, e os ouvidos son apedreados día tras día por palabras pervertidas.
Mentres,o silenzo, garda as follas manuscritas cós nomes e os agasallos da sombra.


Ana López.


Nembargantes temos un marabilloso fin de semana de sol , e estamos vivas , asi que !!!A DISFRUTAR! mentres poidamos.

2 comentarios:

  1. Os ditos populares sempre encerran unha grande sabeduría .
    " Teñen palabras para todo" . Para disculpar o ladrocinio, para arranxar as mentiras, para facernos comulgar con rodas de muiño... Pero o único que consiguen e matar a esperanza, rachar os soños, cubrir de lixo todo o que tocan e provocarnos vascas no estómago.

    Pero tes razón Ana, hoxe fai un día marabilloso, acabo de vir de dar un paseo e alegrar a maña cunha cervexa. Non quero que a cobiza e a ineficacia duns badulaques poña nubes neste sol, anticipo dunha nova primavera...
    Disculpade, hip, estou un pouco .....hip...hip...a cervexa!!!



    ResponderEliminar
  2. Non che é a cervexa miña amiga, é a intensidade!
    Non lles será doado facermos dobrar.
    !Que siga o día!

    ResponderEliminar