Se ha producido un error en este gadget.

lunes, 11 de febrero de 2013

STRADIVARIUS

A mirada garda a viaxe da anduriña
entre a nebra e o sol na catarse do aire;
dende a cónchega dunha tartaruga
até as cordas dun Stradivarius.

A mirada, corazón dun violín
na barra armónica
do tempo.


Ana López.

3 comentarios:

  1. Estás tan espilida de mañá cedo que a min aínda non me dá tempo razonar ..... Teño a mirada entre a néboa do sono, ou tamén, dos soños.

    ResponderEliminar
  2. O de madrugar tenche que ver coa artrosis, xa sabes que te bota da cama a condenada...Pero esta mirada "saiu" na tardiña,na ás dunha anduriña.

    ResponderEliminar
  3. Precioso poema. A mirada, porta que nos abre ao mundo, luz que alumna o noso interior e fai vibrar o corazón .

    ResponderEliminar