Se ha producido un error en este gadget.

martes, 5 de febrero de 2013

MULLERES

Daquelas que cantan as pombas i as frores
todos din que teñen alma de muller.
pois eu que n'as canto Virxe da Paloma
!ai! de que a terei ?
                                 Rosalía de Castro.



Hai quen anda á procura da Muller
case sempre un poeta namorado,
pero os homes e a mulleres singulares
non están nos spots publicitarios.

As mulleres somos tí, eu e máis aquela,
raiñas, princesas, fadas, cincentas,
carapuchiñas vermellas, brancaneves,madrastras
e tamén meigas  anubrando o espazo.

A muller non se arrola con boleros,
nin vai ao carrelo de versos primorosos,
non oculta a identidade trala máscara,
nin disfraza a realidade coas palabras.

A muller reencárnase no aire,no mar , na terra,
no estalido da luz, na sombra negra.

Desta longa historia das afrentas
é perigoso saír polos atallos.

Ana López.

2 comentarios:

  1. Os atallos poden levar a camiños errados. As veces querendo chegar ao lugar axeitado camiñamos demasiado a presa e pasamonos.
    Creo que estaría ben, que chegaramos a considerar a muller coma un ser humano, nin mais nin menos...

    ResponderEliminar
  2. !!! UFF!!!
    Por aí vai o poemiña, !fora estereotipos!
    Sempre me produce desasosego facer unha escrita sobre a muller¿poque non do home?
    Certo que hai moitos dereitos inda por conquerir pero a min gustariame que se consirerase á muller un ser humano e como tal con imperfeccións, esas figuras ñonas da muller non me gustan por eso os versos de Rosalía son tan modernos.
    As mulleres tanto podemos ser Brancaneves como madrastras, igual que os homes, outra cousa son os abusos e a violencia mala sempre.
    Parece mentira que hoxe haxa quen defenda unha educación sexista e que as mulleres poidamos aceptala.Unha ferida máis.
    Grazas polo comentario, este tema sempre é controvertido.

    ResponderEliminar