Se ha producido un error en este gadget.

miércoles, 13 de febrero de 2013

XUNTOS

A todas as mulleres que en Exipto e en outros países árabes estan loitando na rúa para defender o seu dereito a ocupar o espazo público.


Escucha, amor,el rumor de la calle,
eso es hoy el poema, eso es hoy el amor.
                                             Julio Cortazar.


Ven conmigo á rúa, amor,
rompe conmigo o muro,
gravaremos nas  pedras berros de liberdade.
Libérate dos panos que te ocultan,
amordazan a voz,
e cegan a mirada,
Ven conmigo á rúa, amor,
toma o facho e camiña ao meu carón,
venceremos xuntos aos canallas,
levaremos á xustiza aos violadores,
que acosan nas multitudes
e se agochan nas cociñas.
Ven conmigo á rúa, amor,
combatiremos aos voitres
que nos queren roubar a primavera.
Ven conmigo a rúa, amor,
que o medo, a dor, e a carraxe
son os mismos.

Ana López.

2 comentarios:

  1. E fabuloso o don que tes para poetizar a actualidade ainda na sua cara mais dura. Ademáis vas coma unha moto nisto de escribir...

    ResponderEliminar
  2. A verdade miña amiga é que debería por unha brida a esto de escribir.

    ResponderEliminar