Se ha producido un error en este gadget.

lunes, 18 de febrero de 2013

ANIMACIÓN Á ESCRITURA - TRAS A MÁSCARA



Era coma unha fina máscara que lle cubrira o rostro: metade fermosa, asedada , a outra metade, desfigurada,  case sempre cuberta pola longa e negra melena que escondía esa parte afectade  por aquel triste accidente  sufrido  na infancia.
Afixérase a vivir con esa dualidade pero na adolescencia comezou a notar como cando descubría  alguén a metade oculta do seu rostro, aínda que o disimulara, denotaba un tic  de desagrado ou iso percibía ela.

Aquilo foina facendo cada vez máis reservada e insegura aínda que estaba agraciada con moitas outras  calidades de seu: intelixente, sensible, responsable ( como di no Principiño “o importante é invisible aos ollos”).
Era unha excelente ximnasta rítmica cun corpo áxil e flexible coma un xunco. Foi seleccionada por un xurado entre as mellores para  representar o país a nivel  internacional.  Pero a sorpresa chegou cando  poucos días antes da demostración dixo que se sentía indisposta para asistir. Revisárona os doutores do equipo, fixéronlle  probas e análises sen atopar ningún motivo para os seus vómitos continuados.....
Só pasado algún tempo descubriu aquel segredo a Daniel, o amigo que casualmente, coma un anxo, entrou na súa vida. Namorouse del perdidamente porque a aceptaba como era e con el sentíase segura e confiada. Non tiña reparos en expoñer a outra meixela  para que el lla bicara coa tenrura dos pétalos recentemente  abertos.
Foron un feliz matrimonio durante anos. O problema apareceu ao querer rachar a máscara:

Aquela noite ela confesoulle canto tempo levaba soñando con ofrecerlle todo o seu esplendor  facendo un remedio estético, sería fermosa, xa o consultara cun ciruxián estético....
Faloulle moito, moi convincente pero el non a escoitaba. No seu maxín as neuronas transmitían sinapses a velocidade impensable, mensaxes tan contundentes coma puñazos nos dentes ( todos a mirarán, e desexarana, quizabes te abandone coma túa nai fixo co teu pai, xa non será só túa.)

A luz leitosa da mañá iluminou a escena de dúas máscaras rotas e un revólver no medio ...
 
gema, 18-02-13








2 comentarios:

  1. Orixinal o teu relato. Nel adquire mais importancia o que se insinúa que o que se di.
    O final paréceme excelente . E sorprendente, rotundo e ata poético na forma e estremecedor no fondo. A imaxe das máscaras ten aquí moitisima forza e moitos significados ocultos. Parabens !!!

    (Nota para todos os comentarios que fago: advertiredes que falta a maioria dos acentos ,porque me vexo obrigada a escribilos dende o aipad, e este so pon os que lle peta. Non sei que lle pasa ao meu ordenador que non me deixa entrar nos comentarios)

    ResponderEliminar
  2. "Era como unha fina máscara..."Para o meu entender ela é a protagonista principal do relato A INSEGURIDADE que vai levando aos dous seres humanos da historia a un final tráxico.
    Gústoume moito.

    ResponderEliminar