Se ha producido un error en este gadget.

jueves, 28 de febrero de 2013

O BAILE

Que levas na frente?
estrelas,
nos ollos?
soños,
e nos beizos
versos.
Que levas ao lombo?
perdas,
nos ombreiros?
afanes,
e no peito?
alento.
Que levas nos brazos?
apertas,
nas mans?
caricias,
e no van?
amores.
Que levas no ventre?
desexos,
nas pernas?
ritmo,
e nos pés?
a danza do tempo.

Ana López.

3 comentarios:

  1. Que bonito e áxil poema, Ana. Creo que che senta ben a febre ......

    ResponderEliminar
  2. Estou de acordo con Gema, sentache ben a febre porque o poema e delicioso, semella que un suave vento move as palabras que danzan lenes na brevidade dos renglóns

    ResponderEliminar
  3. Está dicho todo. Añadir que lo menos es más. Una música de tambores que recorre el cuerpo, como gotas que caen sobre la piel un día de sol

    ResponderEliminar