Se ha producido un error en este gadget.

martes, 12 de febrero de 2013

Animación á escritura

                        Máscara
  


Cando era nena pasei un tempo coa miña avoa. Era unha árbore espetada na terra. Lembro esos anos da miña nenez coma se habitase nun paradiso. Cada día era un descubrimento.Espertoume ao miragre da vida ; cada pedra, cada folla, cada fror, cada formiga fala do seu...
Viviamos envoltas na maxia.
Ia con ela a todas partes; coas vacas ó prado e a choelas  , a sementar as patacas, faciamos xuntas o xantar e celebrábamos a malla.O que máis me gustaba era ir "A Ravela". o máis moderno "ultramarinos- muiño" da época, onde mercábamos chocolate, arroz, bacallau,carburo e un cuartillo de viño que precisaba para a ciática...
Todo o demáis tiñámolo na casa.
Só me rifou unha vez cando me rín nun velatorio, entón non sabia nada da morte.
Pero o que máis lembro dela é unha frase que dicia cando nos parabamos con alguén:
-Non é o que parece.
-¿Que parece avoa?
-Xa o entenderás.
Estas palabras deixábanme moi desasosegada.¿Logo que era, un lobo, unha bruxa?Pola súa voz non se intuia que poidese ser unha rosa, ou un reiseñor...
Hoxe xa non está conmigo, e case é millor porque seguramente despois de apertarme e bicarme moi forte me miraria ós ollos e diriame :
- Non és a que pareces.

Ana López.

3 comentarios:

  1. Fermosa historia, emotivas lembranzas. ..
    Os teus relatos sempre me trasladan a " lugares coñecidos" por iso me deixan os ollos velados por unha cortina de nostalxia...

    Ninguen somos o que parecemos. Creo que somos poliedricos e cada vez amosamos unha cara. Imos sustituindo as máscaras e ningunha ten porque ser falsa. Son as distintas caras dun mesmo poliedro .

    ResponderEliminar
  2. As avoas acaban tendo razón, non si Ana?

    ResponderEliminar
  3. !Pois si Gemiña, o cal non é un consolo.
    De avoa a avoa: ¿non che gustaria trabucarte algunha vez?

    ResponderEliminar