A CULPA FOI DE NOÉ
Efectivamente, no caso da miña familia a culpa non foi do "cha, cha, cha", a culpa tívoa Noé´
A nosa historia comenzou cando un home algo chiflado que se chamaba Noé, deuselle por facer de visionario.
Os homes do tempo, que naquela época se chamaban profetas, anunciaron unha tormenta de "caravillo" e ao noso homiño non se lle ocurriu nada mellor que construir unha barca grandísima onde meteu unha parella de cada especie, a propia tamén.
Alí estivo unha tempada ata que as relacións se empezaron a  deteriorar moito, entón pensou en mandar a alguén fóra para que, entre outras cousas, comprobase o estado das súas terras! caridade a xusta!E a quen se lle ocurriu mandar? a unha antepasada miña co perigo que supuña enviar a unha pomba no medio dunha tormenta con pouca luz, é sabido que nós nos orientamos polo sol.!canalla! como se non soupese que "nunca choveu que non escampase"
Pero unha misión biblica era unha misión bíblica.
Como puido!miña pobre! volveu á barca, e traía no pico unha ramiña que resultou ser de olivo.Dende entón pasou á historia como que levou a Paz.!Xa vés ti!
E aquí chegamos,dende entón de xeración en xeración, as pombas da miña familia voamos dun lugar a outro polo mundo para poñer paz nos homes, sen resultado ningún;de norte a sur, de este a oeste ,.sen ninguén que nos acolla, sen ter nada de noso,nin en propidade nin en aluguer ; non hai sitio para nós.
Xogámonos a vida todos os días porque agora non nos cae auga a chuzos senón balas, misiles, granadas, e sen por un casual se che ocurre descansar no chan podes atoparte cunha mina persoal.Na última misión unha bala levoume todas as plumas do cú e a miña imaxe de seriedade e rigor resentiuse moito, agora parezo un chiste e os poderosos riense de min !normal
Agora estou nuha praciña dunha cidade galega,confúndome coas outras pombas que se afanan por comer pedaciños de patacas fritidas que lles dá  unha nena.Parece que están tranquilas, non sei...
Estou pensando en dimitir.
Ana López