Se ha producido un error en este gadget.

miércoles, 21 de noviembre de 2012

SEN PARAÍSO

A noite
é un estrondo de bombas e de berros.
Derrubaron as casas
enchendo de bagoas solares baleiros.
Amontoaron ausencias.
Os visitantes ferraron os afectos,
desabotoaron a realidade.
A carraxe arrastra corpos torturados polas rúas.
O medo anica os corazóns,
camisas de forza paralizan o amor.
A compaixón viaxa nun vagón abandoado
nunha estación pantasma:
Unha larva agochada na traxedía.

Ana López.

3 comentarios:

  1. "O home é un lobo para o home" (Lupus est homo homini...) Na terra dos lobos non poden existir paraisos...

    ResponderEliminar
  2. E no fondo, as relixións.......

    ResponderEliminar
  3. Onte firmaron unha tregua!Que sexa para sempre e pare tanta tolemia!
    Non hai causa que mereza tanto sufrimento.

    ResponderEliminar