Se ha producido un error en este gadget.

viernes, 2 de noviembre de 2012

Se estiveses aquí
sería quen de secar tódolos ríos
para lavarche tanta dor.
Se estiveses aquí
envolvería en vendaxes de néboa tanta angustia
e faría de almofada do teu medo.
Se estiveses aquí
roubaría para tí tódalas risas
e trocaría en amor a túa desgraza.

Se estiveses aquí
sorbería o teu pranto
e choraría contigo docemente.
Se estiveses aquí
diríasme as palabras que non me dixeches
e eu as que non me poideron saír.
Ana López.



1 comentario:

  1. Emotivo poema, e coma xa ben sendo habitual en ti, a vangarda da actualidade.

    ResponderEliminar