Se ha producido un error en este gadget.

viernes, 9 de noviembre de 2012

CAVILACIÓNS


Todos estes días veuse falando do caso Madrid Arena, e non me extraña, analizáronse as responsabilidades dos políticos, das autoridades, dos organizadores ........ e non me extraña, o caso é moi, moi triste, nin que dicir ten.
Pero a min fáltame algo: non oín en ningures mencionar a responsabilidade que corresponde aos pais, primeiros formadores, escola, medios de comunicación e propios interesados.
Aquí todos estamos pringados porque a nosa xuventude é o resultado dun parto multidisciplinar e os resultados son moi preocupantes.
Oín como algúns destes mozos declaraban que con 5 entradas pasaran 8 ( fraude ), como outros afirmaban que de mil asistentes 999 estaban bebidos ou fumados, ou as dúas cousas, asaltantes embotellonados.... Son maiores de idade para todo (ou finxiron selo ), e logo a súa responsabilidade, onde está ? Poderíanse facer asembleas de pais, de ensinantes, de mozos, de medios de comunicación ...... en prazas públicas e buscar alternativas a situacións tan penosas.
Non oín falar de nada diso e penso que máis ben é a raíz da cousa.
Máis........, música agresiva, estética agresiva, luces agresivas, alcol, armas ..... Onde está o extraordinario?
Gema, 09-11-12

2 comentarios:

  1. Precisamente o outro día nun debate , non lembro en que canle de TV, falaba unha nai cuios fillos estiveron na festa do Madrid Arenas, e que ademáis era abogada, das responsabilidades civis dos pais incluso de fillos maiores de idade que viviran na casa paterna.
    Páreceme boa idea o das asambleas...

    ResponderEliminar
  2. Mira canto sentidiño eu teño, coma unha avogada. Non a vira

    ResponderEliminar