Se ha producido un error en este gadget.

viernes, 9 de noviembre de 2012

DESHAUCIOS

Milleiros de familias arrastradas das súas casas;
des-abastecidas,
des-abrigadas,
des-ocupadas,
des-asistidas,
des-pedidas,
des-concertadas.
Milleiros de vidas des-tragadas;
des-asosegadas,
des-alentadas,
des-corazonadas,
des-acretitadas,
des-airadas.
Milleiros de bagoas polos
des-afectos,
des-creídos,
 
des-acertos,
des-axustes,
des-aprensivos,
des-almados.
As des-grazas acumúlanse nas portas,
a xustiza des-cansa en palabras de pedra.
Des-arraigados non serán ninguén á intemperie,
só un des-afío na noite.
Fóra, sigue o berro da esperanza
e os versos inútiles nos muros.
Ana Lopez
 
 
 
 
 
 

2 comentarios:

  1. Agárrome ás túas palabras para con elas e contigo dar un aulido de desesperación despois de ver outro telexornal ante o que é imposible non se faga un nó que te afoga no estómago. É demasiada dor.

    ResponderEliminar
  2. Ana admiro o teu xeito de facer poemas que , ademaís de prender lume nos adentros, son unha crónica social dorida e solidaria.
    Eu tamén me penduro dese berro de anguria e de ipotencia.

    ResponderEliminar