Se ha producido un error en este gadget.

miércoles, 28 de noviembre de 2012

SILENCIOS

Nos espazos en branco
que deixa o silencio
viven acubillados
os impostores.

Nos espazos en branco
que deixa o silencio
ceden sitio as palabras
aos des-afectos.

Nos espazos en branco
dos silencios cómplices,
afogan as preguntas
que fóra esmorecen.

Nos espazos en branco
que deixa o silencio
sementa a dúbida
des-encontros no tempo.

Ana López.

4 comentarios:

  1. Para min, Ana, os espazos en branco do silencio,
    son maravillosos momentos nos que un se atopa consigo mesmo, sen interferencias, cara a cara.

    ResponderEliminar
  2. !A bo fé,que non estamos a falar do mesmo!

    ResponderEliminar
  3. O silencio: Ás veces oco profundo no que se soterran amores e afectos. Outra pozos onde se acubilla o medo e a traizón... Parece ser que esta é ao que se refire o teu poema
    Pero tamén existe outras dimensións fermosísimas do silencio. Como di Gema: Os silencios nos que só falamos con nós mesmos. O silencio cómplice da amizade ou do amor. Cando o silencio non supón incomodidade entre dúas persoas , senon todo o contrario é sinal de verdadeira compenetración.
    O silencio ten tantas caras...

    ResponderEliminar
  4. O poema non é negación de ningunha das caras,!miñas señoras!Acollamos o noso agarimosamente, aquel no que medramos e nos fai mellores, o cal non debe enmudecer a denuncia dos outros.







    ResponderEliminar