Se ha producido un error en este gadget.

martes, 27 de noviembre de 2012

E VAN 43

Debaixo dos puños
de pedra sen alma,
debaixo de ollares
tan fríos que tollen,
debaixo de berros
tan feros que feren,
debaixo de promesas
tan viles que aterran,
debaixo de corpos
que magoan e esmagan,
nun inferno que todo fulmina,
agóchase o reptil,
a palabra blasfema:
VIOLENCIA


2 comentarios:

  1. É estremecedor Gema,un latido doroso.
    Parabens.

    ResponderEliminar
  2. Neste poema , como moi ben di Ana, estremecedor, hai unha perfecta conxuncion entre o fondo e a forma. A segunda esta ao servicio do primeiro para darlle contundencia e esa tremenda forza que ten. Parabens!!!

    ResponderEliminar