Se ha producido un error en este gadget.

lunes, 12 de noviembre de 2012

DIÓGENA

Non sei o tempo que levaba andando, nin cantos camiños percorridos.Á luz do día, na almofada da noite,pola sombra da lúa...
Anda que te anda,mira que te mira polo ollo do día.
Fixen pasadizos nas lapelas do tempo buscando respostas que eu mesma tiña.
!Fai falla ser parva!
Bateu en min como unha bala perdida.
A tolemia non pode ser entendida,
!non leva prospecto de información!


Ana López.

1 comentario:

  1. Cantas veces camiñamos na procura do que temos máis preto...

    ResponderEliminar