Se ha producido un error en este gadget.

lunes, 26 de noviembre de 2012

NAVEGANTES

Hai que levar por navío o corazón
para encontrar Dorados nos pasadizos do mar.
Hai que descifrar os reflexos da auga
que falan de pontes que unen as ribeiras.
Contemplar atardeceres encarnados
en nubes ruborosas que bordan no aire
a delicada rota da felicidade.
Hai que descalzarse ó comezar o camiño.
Parar o tempo cando o sol ilumine un esponsal de miradas.
Non temades ó mañá,
a herba onde se pousa o voso amor
non coñecerá nunca a xeada.
O arco de luz que uniu as dúas ourelas
gardará a vosa casa.
Ó mirarvos tivemos a certeza
de que existiron Mu e a Atlántida.


Ana López.

2 comentarios:

  1. ...E sempre haberá unha Ítaca á que regresar

    ResponderEliminar
  2. E unha Atlántida que descubrir

    ResponderEliminar