Se ha producido un error en este gadget.

jueves, 4 de abril de 2013

Terapia


Entrar paseniño no cuarto
acender as luces
deixar saír o que se agocha nos recunchos.

Des-envolver os medos
coñecer todos os hóspedes
recompoñer os rostros  fragmentados.

Remexer na abundancia do corazón
sen derramar na curva.

Palpar o que doe
sen afogar-te.

Sentir-te na pel.

Reverter.

                    Ana López.




            

1 comentario:

  1. Intimidade que desborda o corazón e que convida a rebuscar nos cuartos dos nosos adentros.
    Un poema moi fermoso!

    ResponderEliminar