Se ha producido un error en este gadget.

martes, 9 de abril de 2013

ANIMACIÓN Á ESCRITURA


Agora que paso tanto tempo frente ao mar, aquí sentado por mor destas fodidas pernas que no canto de ósos parecen ter dentro serróns, ao pouco que me mova chántanme os afiados dentes metálicos ata a médula.
O mar, desde que o descubrín, foi sempre un referente na miña vida.
Hoxe, pola ventá aberta, entrou unha brisa con olor a sal e algas que me acende os rescoldos da memoria.

O avó voltara de Cuba cando eu aínda era pequeno e fixémonos de feito parella inseparable. El a contarme cousas de aló e eu a preguntarlle. Comíame por dentro o verme da curiosidade.
Na miña cabeza de neno todo o que me contaba adquiría dimensións desproporcionadas, coma se lle aplicara unha lupa de 600 aumentos.
El fórase para aló traballar e gañar cartos pero voltou sen nada porque seica os barbudos lle confiscaran todo. Eu iso non o entendía ben pero tampouco me interesaba moito. Serían piratas, pensaba.
Tanto me falou do mar que en min foi espertando unhas ansias desmedidas de ver o mar de verdade.
Un día díxome que habiamos de ilo ver, iso estaba feito. Aquela noite non durmín.

Andivemos por entre os piñeiros un bo cacho, ulía a frescura. Logo fumos subindo unha costiña de area onde quedaban as nosas pegadas afundidas coma se foran de elefantes, lle dixen.
E, desde o curuto vimos o mar ¡¡¡¡
Quedamos calados, cos pés ancorados. Cando puiden pechar a boca díxenlle
-Avó, axúdame a ver o mar que eu non dou. E el riuse.
Non falamos máis e eu , entre o brillo do sol e a auga vina saír.

A serea do cadro que el colgara no seu cuarto, pero máis fermosa, máis brillante, máis azul e verde e prata...

Sei que espertei no seu colo aínda co olor a sal e algas na memoria.

Nunca lle descubrín a Sara por que o capricho de casármonos naquea capela mesmo derriba do mar , nin da sorpresa que lle tiña preparada de pasar a nosa noite de bodas na miña lancha. Nin que
eu sentín de verdade no meu corpo nu a humidade das escamas da serea e nos seus ollos vin todas as estrelas.

Era S. Xoán e non ía frío.
gema, 09-04-13

5 comentarios:

  1. !Que nunca deixes de ver sereas á luz das estrelas!
    Fermosa historia !mariñeira!

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. Borrei o meu anterior comentario porque so lera a parte de embaixo da imaxe e a boa fe que xa constituía unha fermosisima historia. Logo comprendín o meu erro e lina enteira. Segue a parecerme un relato moi fermoso, pero creo, xa cho dicen mais veces, ver premura na sua escrita. Fixate, por exemplo, na frase "...afundidas......lle dixen" ( ? )
    Claro que ao mellor non teño miga de razón... Así qué non tes porque facerme caso.

    ResponderEliminar
  4. Pois mira, non teño unha razón clara para darche sobre iso pero púxeno premeditadamente, pedíamo o corpo así, non sei por que.

    O da premura é de nacemento, ou me saen coma un arroutos ou non me saen.
    Que sei eu...

    ResponderEliminar
  5. Pois sabes o que che digo? Que se cho pedia o corpo fixeches ben expresalo así. Non creo que haxa mellor razón. Parabéns por iso!!!!!

    ResponderEliminar