martes, 30 de abril de 2013

1º de MAIO

Académicos
mestres
sabios
mentes privilixiadas
poetas de espiritus brancos;
quen me presta unha figura literaria
para non desbordar o verso
facer grande a palabra
e petar nas conciencias?

Como podo fuxir con "estilo"
deste aire abafante da crecida da naúsea?

Que alguén me preste unha metáfora
para poder vivir nesta cloaca!

Como se pode falar de forma literaria
de  máis de seis millóns de golpes
de máis de seis millóns de bagoas
de máis de seis millóns de vidas destragadas?

Como se pode fundir o ferro coas palabras?


                        Ana López.

3 comentarios:

  1. Aniña ti sempre tan reinvidicativa e tan ao gume da actualidade... Non se che pasa unha.
    Precioso poema que amosa que a rebeldía nunca morre... "Soy rebelde porque el mundo me hizo así..."

    ResponderEliminar
  2. !Ja mia!Recien chegada de la coronación del rapaz de la Bea me atopo que van facer máis recortes i los fillos traballando daquel xeito !los que traballan!
    Mesmamente se me fue la coroa al carallo i eso que te era de ouro alemán.

    ResponderEliminar
  3. Ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja ( perdoa que ría en castelán pero é que me peta así máis na gorxa...) Sinto que che se fora a coroa ao c.... aínda que mira, tampouco é mal sitio para poñer unha coroa, aínda que che sexa de ouro alemán...

    ResponderEliminar