Se ha producido un error en este gadget.

martes, 9 de abril de 2013

Á memoria de José Luis Sampedro

Foi sempre o mundo tan hostil
ou son eu a que sinte este desgarro?

Ese lóstrego de luz foi unha tregua
na monotonía da choiva nos cristais?

Foi quizais un tempo insondable
que se perdeu na agonía da oleaxe
dun instante?

Perdeuse nas horas
enredadas no laberinto do día
cando durmian as estrelas?

O desterro terra adentro
foi un salto na rede voluntario,
ou a furna da cinza da inocencia?

É primavera
e inda hai follas que caen a destempo.

Cando baixe a marea
volverán as campías á ribeira.

   
                       Ana López.

2 comentarios:

  1. Ti sempre atenta aos acontecementos do día a día . Es coma un lostrego.
    Fermoso poema na memoria dun gran home que se perdeu" na agonía da oleaxe dun instante"

    ResponderEliminar
  2. Que bonito poema, que ben xogas coas palabras. parabéns.

    Abofé o merece este home paneauga. O mundo sería outra cousa con sabios coma este, destemido e profundador, como dicía Castelao.

    ResponderEliminar