Se ha producido un error en este gadget.

martes, 23 de abril de 2013

OS QUE CONMIGO VAN

Os que conmigo van
han de ter a pel dura
o corazón ardente
os bicos nos beizos
os abrazos lixeiros
a mirada longa
un berro na garganta
e a cabeza alta.

Saber entrar e saír
de todos os charcos
cando chame a xustiza,
espabilar o medo
sempre que faga falta
sen temer aos canallas.

Ter os ouvidos alerta para;
o pranto dun neno
un home sen teito
un mozo sen futuro
unha muller asoballada.

! Non se render xamáis!
e no colo da amizade
saber rir ás gargalladas!

                               Ana López.

4 comentarios:

  1. GRAZAS GEMIÑA,SEI QUE ES UNHA DELAS!

    ResponderEliminar
  2. Non o pos doado, pero eu vou facer méritos para te acompañar...

    ResponderEliminar
  3. TI XA TES MÉRITOS DE SOBRA CONCHIÑA!

    ResponderEliminar