Se ha producido un error en este gadget.

viernes, 19 de abril de 2013

DESLOUSAR

Hai que falar ben alto
inda que estoupe o peito.

Falar ate que o berro
mova as árbores todas.

Percorrendo as rúas
erguendo lousas,
polos sotos das casas,
enriba das penas,
debaixo do mofo.

Hai que falar ben alto
inda que doa.

                  Ana López.

1 comentario:

  1. BERREMOS, pois, ata que pete nas portas do ceo...

    ResponderEliminar