Se ha producido un error en este gadget.

jueves, 4 de abril de 2013

NOXO E FURIA


Día a día ímonos afundindo nun lodazal de tales dimensións que antes de afogarnos daranos tempo de sufrir a náusea máis profunda, o noxo como especie e a vergonza de pertencer a ela:

Os nosos dirixentes serán máis ou menos sabidos ???? Pero descoñecen a sabedoría, a ética e a estética. Saberán facer as contas, para eles, pero nunca un libro de filosofía tocaron como non fose a Maquiavelo.

Que hai que dicir que o emperador leva traxe novo, ala ¡¡¡¡¡ pois a coro, aínda que como sabemos anda en pelota picada.....

Faltos de valentía e carraxe para non abaixarse diante dun capitalismo feroz que só quere vernos o cu a todos

Confunden dignidade e honor con empoderamento pero parecen ignorar tamén que hai pobo que a parte de sentir arcadas, sente indignación e sabe o mezquinos e ignorantes que son. Por non saber, non saben que con pouco tamén se vive.
 

NON SE PODE ROUBAR A UN POBO A MANSCHEAS SEN QUE NADA SUCEDA.
gema, 04-04-13

2 comentarios:

  1. Comparto a túa rabia e a teu noxo e estes fermosos versos de Manuel Antonio:

    "O Mundo/que xa non sabe/máis que repetir unha volta consabida/rachou clandestinamente/as follas imprevistas dos almanaques."

    Está ben que se escoiten berros como o teu. Todos deberiamos berrar haber se así nos escoitaban.

    ResponderEliminar
  2. Pois penso que xa chegou a hora de que ALGO suceda. Non podemos permanecer mudos ante tantas tropelías?

    ResponderEliminar