sábado, 6 de abril de 2013

Fíos

Hai que espallar ó vento
ate a derradeira rafega
un berro interminable
que desfolle ó mundo da inxustiza.

Desfacer o nobelo do presente
que escamotea o pulo da esperanza.

As estrelas inda brillan dispersas
nos corazóns rebeldes.

E nós
somos os mesmos
que cosiamos menceres de néboa
cós fíos dos soños.

           Ana López.

1 comentario:

  1. E pasamos de "coser menceres de neboa cos fios dos soños" a que nos rouben " o pulo da esperanza" . Non permitamos que as estrelas da rebeldia deixen de brillar nos nosos corazons.
    Grazas por esa reclamación da liberdade que encerra o teu poema.

    ResponderEliminar