Se ha producido un error en este gadget.

miércoles, 13 de marzo de 2013

POSTMODERNIDADE - IR MÁIS ALÓ DO PRESENTE


Cando me certificaron a miña capacidade para exercer a profesión, considereime coñecedora dun código, sempre ampliable, para comunicarme correctamente por escrito ou oralmente.

Pois venme sucedendo desde fai un tempo que cando vou a certos recitais ou conferencias literarias, de figuras moi destacas, veño para a casa cun desacougo e frustración considerables:
Todos entendemos que a linguaxe literaria pode ser requintada, máis aínda se é poética pero de aí a que facendo o máximo esforzo mental, porque amo as letras, dunha rethíla de palabras, rebuscadas adrede, non entenda o que pretende comunicar (porque supoño que intentarán comunicar), éme triste, magoante e moi frustrante.

Algo falla na línea emisor-mensaxe-còdigo-receptor. Quizabes as interferencias veñan dadas pola necesidade de diferenciarse o emisor respecto ao receptor .... Levar o mastro da post, como pose, para navegar en augas tan profundas que sobrepasen o asombro e a confusión.
É, segundo algúns, a deconstrución do texto, a fragmentación, a racionalización; o retorcemento diría eu, como outros pensaron dos reloxos de Dalí ou o experimentalismo da cociña moderna.

Éche coma tirar margaridas aos porcos .....

gema, 13-03-13

1 comentario:

  1. Dachese ben isto da critica literaria. Ademáis hoxe semella que tes un dia especialmente inspirado....

    ResponderEliminar