Se ha producido un error en este gadget.

jueves, 14 de marzo de 2013

Entrañable acto en Portas Ártabras: a presentación do libro "Coas pálpebras baixas" de Montse Yoldi. Parabens compañeira e amiga !

Non foi doado selecciónar un poema , son todos intensos e fermosos, pero por algunha razón Vidros Rotos chegoume ao corazón.


VIDROS ROTOS
beixos oxidados
o eco desnortado do riso
pide esmola
nas casas abandonadas.

Só o vento
é señor
aquí.

As nubes e o tempo
rin sardónicos ao pasar.

O po sepulta
as caricias antigas
as silvas afogan
todos os camiños.

Resistir é inútil.
Cómpre erguerse e saír.

Preciso da chuvia e o sol.
Preciso tanto valor.

                           Monserrat Yoldi.( Coas pálpebras baixas )

1 comentario:

  1. Súmome aos parabéns para Montse e á tia que lle fixo as rosquiñas ...

    ResponderEliminar