Se ha producido un error en este gadget.

lunes, 18 de marzo de 2013

Animación á escritura

                                         !Miña rula!

Antes de que te vaias debería tecerche unhas luvas rosas para que as mans non sintan a friaxe da saraiba, un xersei azul para que leves contigo o abrazo cálido do ceo, unha bufanda laranxa e amarela como os raios do sol para que te enchan de bicos a cariña, e unha manta de amor que te agarime cada día.
E xa ves !miña rula ! perdo o tempo facendo esta inútil e feble rede coas palabras.
    
                    Ana López.

2 comentarios:

  1. Xa o sabía Ana, cando puxen a foto. Non podía
    ser doutro xeito .....
    As avoas somos así ....

    ResponderEliminar
  2. A foto é preciosa Gemiña,tes "ollo fotográfico".Na miña opinión ten dúas lecturas: o descubrimento da natureza, e pola outra banda ese cristal que ven poidera ser o da ventá dun coche, un tren...e a actitude da man, case semella unha despedida ¿de saraiba?Non sei...
    Sigue facendo fotos.

    ResponderEliminar