Se ha producido un error en este gadget.

domingo, 10 de marzo de 2013

Inverno

                                        
                                                          
As nubes cabalgan sobre un ceo enzoufado de mentiras,
a choiva marca nos cristais polifonías de dor
e sobre a humidade silenciosa do chan
os fíos violáceos das horas
berran indecorosas blasfemias cara un deus xordo
mentres que pegadas indiferentes
afogan o últino alento da tarde
sobre un leito lixado de morte.
De lonxe chega o bruido do mar...
As ondas exaculan escuma sobre o cume das rochas
e un frío cincento penetra polas portas do corpo
e galopa sobre a indiferencia da pel...

                                                                                     (Foto propia)

6 comentarios:

  1. Tan triste como fermoso, xa cho dixen bifor, temos que facer a merendiña pra espavilar os velos negros
    ainda que ti estas a punto de afogalos na Mallorca.
    Noraboa po la poesía, e por aparecer por fin

    ResponderEliminar
  2. !Que poidera ser por veces unha nube , miña amiga!
    Fermoso poema que non deixa indiferente.

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  4. Grazas polos vosos comentarios.

    Anxela equivocaste de lugar, pero de todos os xeitos, a volta despendolaremonos... Merendiña!!!

    ResponderEliminar
  5. Conchi, eu onte á noite xa lin o teu poema pero transmitiume tanta tristura que non puiden comentalo.
    Consigue o efecto, é bo e fermoso pero fondo e forte.

    ResponderEliminar
  6. Sinto que o meu poema che producira tanta tristura... A verdade é bastante negro, coma algúns dáis de inverno. Precisamente, ás veces, cando está a piques de rematar sentimos as pegadas dilatadas que nos deixou nalgún lugar incerto do noso ser. Pero sempre volve a primavera. Agora mesmo debe de estar acochada tras de calquera esquina...
    Grazas polo teu comentario e esa raioliña de sol que entra agora pola miña ventá é para ti...

    ResponderEliminar