Se ha producido un error en este gadget.

jueves, 7 de marzo de 2013

ANIMACIÓN Á ESCRITURA - MINIRRELATO


                                                           O ANEL


O amargor frío da cervexa contrastaba co caloriño doce  dunha raiola que me daba nas pernas e  me levou á ensoñación.

Chegara pola tarde inopinadamente. Saín saudalo e quedouse sobre a mesma moto, eu ao lado, parolando, baixiño, paseniño. Sabía eu que o de vir ver a meus pais era unha desculpa.
Díxomo: quería unha muller coma ti para casarme. Miroume en fite entre inocente e pícaro. Baixei os ollos.
Aberta en canal: o meu amor platónico, sacrílego, fronte ao lume da paixón encarnada.
A ensoñación da noite anterior atrapárame. Foi o tintineo do anel do meu dedo anular,co que argallaba, que ao caer no chan me volveu á realidade.

Se estivera con el seguiría vivo? Quererá, en soños, comunicarse comigo?

gema

3 comentarios:

  1. Un anel espertador de soños. Hai outra que os provocan... A verdade , os aneis semellan ter poderes... Polo menos o de espertar a imaxinacion para escribir fermosos relatos...

    ResponderEliminar
  2. Volvíches cambiar a cor do Patio. Deslumbra un pouco para ler Ah! e tamen lle volvches cambiar os bonecos. Creo que son os que xa tiña antes non si?

    ResponderEliminar
  3. !Potente e fermosa esa imaxe do amor chegando en moto!Tivo que ver algo a moto no desenlace ¿non si?

    ResponderEliminar