Se ha producido un error en este gadget.

viernes, 8 de marzo de 2013

O caso das "luvas parisinas"

Eu teño un anel anticapitalista, non é ningunha brincadeira, tardei moitos anos en notarllo pero xa sabedes que todo acaba por saír.
O descubrimento foi por casualidade, como todo na vida.
Como todos os xoves fun pola mañá ao super dunha coñecida marca. Entrei toda fachendosa !feita un pincel ! Era primeiros de mes, e iba peiteada de perruquería. Estreaba unhas finisimas" luvas parisinas". agasallo dunha amiga; eran ceñidas nos dedos, longas no pulso, e pedriñas brillantes nos bordes:!sexi total!
Parei na froitería e ó  tender a man para coller a froita dinme conta de que non levaba o anel. Entolecin.Empecei a dar voltas e voltas mirando ao chan e berrandö :
-O anel, o anel!
Paralizouse o mercado. Baixou a prima de risco. A xente empezou a dar voltas e  a buscar...! Deus sabe qué!
Eu turraba:
-Leva toda a vida conmigo.Non sei vivir sen el !
Non me daban consolado, ate veu o encargado que me prometeu que se se perdera alí habia de aparecer.
Cando me din acougado, salín. Púxenme as luvas e... !o dedo anular entrou no anel que o agardaba!
Foi un boicó ao sistema? Non sei.
Non mirei atrás mentres me alonxaba...
                                                               Ana López.

2 comentarios:

  1. Que antisistema te viraches ¡¡¡¡
    Ata un pobre anel che vale de desculpa ....
    Ben, ben polo teu cabreo e o meu.

    ResponderEliminar
  2. Inxenio, humor e denuncia nun mini relato delicioso. E que vas sobrada miña amaiga.....

    ResponderEliminar