Se ha producido un error en este gadget.

martes, 12 de marzo de 2013

CHOVE

Chove
no tellado, na porta
e polas ventás da casa.
Chove
nos carreiros, nas fontes
nos prados e nas airas.
Chove
no palco da música,
na rúa, e nas estradas.
Chove
no monte, no mar
nas rochas e na praia.
Chove
nos ollos do pobre
non hai pan para a xornada.

                                           Ana López.

2 comentarios:

  1. Os teus poemas seguén a ser a crónica dos días, sempre cunha nota reivindicativa.

    ResponderEliminar
  2. Mañá choverá tamén ....
    Que haxa pan

    ResponderEliminar