Se ha producido un error en este gadget.

miércoles, 6 de marzo de 2013

Vacío

É por ti por quen chaman
esas alporizadas voces?

É por ti por quen choran
agora que xa es só unha sombra?

Onde estaban esas mans os días da friaxe
cando inda había tempo de curar as feridas?

Onde estaban os berros que hoxe claman xustiza?
Onde estabamos todos ese día...

                                             Ana López.

2 comentarios:

  1. Creo que non é o vacío, Ana, Agora teñen un deus.....

    ResponderEliminar
  2. Unha vez mais convertes noticia en verso.

    ResponderEliminar