Se ha producido un error en este gadget.

jueves, 23 de mayo de 2013

REFORMAS

Ando a reformar a casa,
cambiei a orientación.

Abrín a porta ao mencer
e as ventás ao mediodía.

Colguei nas paredes
os anacos de luz
que caeran do sol.

Puxen na punteira do lapis
as horas pausados do tempo.

Botei as sombras do outro lado da porta.

Camiño con zapatos de estrea
pola mañá demorada.

                            Ana López.

2 comentarios:

  1. véxote cuns zapatos colorados. Va que si?

    ResponderEliminar
  2. !Pois si señora!! Espero que non se mollen, senón pódense estragar un pouco, pero sei onde facerme con outros. Non se pode camiñar sen uns zapatiños vermellos.

    ResponderEliminar