Se ha producido un error en este gadget.

miércoles, 22 de mayo de 2013

MUTACIÓNS


A min, últimamente, sobrepásame a velocidade coa que se produce todos os acontecementos. As novas superpóñense en capas cada vez máis densas. ( Sen contar as políticas e as de fraudes porque esas decidín prescindir delas xa fai un tempo. Dislocábanme as neuronas). Por esta mesma razón unha das novas que me afecta directamente é a de ir montar unha colonia humana a Marte.
Os que sabedes de min, sabedes da miña teima de desterrarme, que quere dicir irme do planeta porque non me gusta nadiña este mundo que entre todos montamos.
Logo ven o das célula madre e os bebés de laboratorio. Esta non me sorprendeu tanto porque xa fai uns 40 anos que Aldus Huxley o aventurara entre outras cousas que se foron cumprindo.
Preocúpame bastante a outra aventura de que se puideran clonar homínidos.Non quero pensar o que puideran facer con eles..... se cos humanos se fai o que sabemos .......
Pero a última, ultimísima, escoiteina esta mañá no radio: Tres jovenes asturianas tuvieron que ser atendidas en tal.....hospital bajo los efectos del alcohol, dos permanecen en coma etílico......
Isto en si tampouco ven a supor ningunha novidade, xa sabemos...
O novedoso e chusco do caso ven a ser o modus operandi: introduciron nas súas vaxinas (que ardor) tampóns ( non especificaron a marca), digo, tampóns enchoupados en alcohol. Manda carallo ......
Para isto si que xa non teño capacidade de análise, pilloume por sorpresa, pode ser cousa dos anos.
Ou mutación funcional dos órganos, se non serven para parir con dor...... Tamén puidera ser que como non hai pan que levar á boca ...

gema, 22-05-13

No hay comentarios:

Publicar un comentario