Se ha producido un error en este gadget.

lunes, 6 de mayo de 2013

CABALOS NEGROS


Negro salvaxe na noite,
gallopan cabalos sobre as sombras
petando cos cascos no zinc
dos estómagos.
Estertores de fame adherida
ao ADN das células,
pegadas que os deuse deixaron de herencia
no seu labor alfareiro,
coma noutros quedaron as da fortuna.

Tranquilos ......¡¡¡¡¡¡¡
Só pasa que a fame
pare monstros,
que o sabemos.

Gema, 06-05-13

2 comentarios:

  1. E os monstros, xa se sabe, dan medo...

    ResponderEliminar
  2. A fame , herdanza suxeita a lei do atavismo...

    ResponderEliminar