Se ha producido un error en este gadget.

lunes, 6 de mayo de 2013

A GEMA PARA QUE NOS SIGA AGASALLANDO COA TENRURA DE IMAXES TAN FERMOSAS COMO ESTA. GRAZAS.

ABRE O DÍA
trae a mañá calma

o corpo espreguízase lento
no espazo claro desta hora

agardan as farolas das noites escuras
o relevo do sol para anchear o tempo

o pulo do corazón acompasa
a serenidade da palabra

inda nos queda o canto
todo é hoxe eterno.

                               Ana López.


2 comentarios:

  1. Grazas a ti por estar sempre atenta e porque se eu poño as imaxes, ti pos as palabras.

    ResponderEliminar
  2. Fermosisima e tenra imaxe a de Gema no Dia da nai e acertado poema o teu Ana para agasallala que ben o metece.

    ResponderEliminar