viernes, 24 de mayo de 2013

A redeira

Cando ela morreu
apareceron versos en cada recuncho da casa;
na cociña, no aseo e no salón,
no medio dos libros, nos pregues dos manteis,
nos caixóns da cómoda, na caixa da costura,
entre as bolsas das medias, nos pixamas,
nos botes de conservas, na cesta da froita,
na xarra do viño e na aceiteira,
envoltos no pano de pranchar,
entre a barra de labios e a sombra de ollos,
na cabeceira e aos pés da cama
deitados no colchón
e no corazón.

                    Ana López.

1 comentario: