Se ha producido un error en este gadget.

miércoles, 8 de mayo de 2013

FACES

Qué luz ou contraluz
qué sombra ou que fulgor
ocupan o silencio?

Quen debuxa o sorriso dun anxo
nos beizos de lume do demo?

Onde se xuntan os anacos
da ledicia e do sufrimento?

En qué tempo e espazo
se mostran as faces que temos?


                              Ana López.

3 comentarios:

  1. As faces mòstranse irrecoñecible no azogue cuarteado polo tempo
    mentras as meniñas observan interrogativas
    o estraño que está diante ....

    ResponderEliminar
  2. Este non é un comentario, este é un poema !
    !Precioso e exacto!

    ResponderEliminar
  3. O silencio as veces ocupa as sombras e outras e o fulgor dos momentos felices.
    Pode ser o sorriso dun anxo ou o lume do inferno...

    Filosofico poema.

    (Isto segue sen poñer acentos,o pobre non sabe galego...)

    ResponderEliminar