Se ha producido un error en este gadget.

lunes, 13 de mayo de 2013

OUTRA VIÑEA DE XAQUIN MARIN






DIÁSPORA

Non quero ser a nena que medrou

e tivo que marchar
a que só fala a lingua dos xigantes
e non pode lembrar do seu país
nada máis que a uralita,
o cheiro esmagador dos eucaliptos
e aquel último barco que afundiu,

a que xa non ten casa
á que volver,
e percorre os países estranxeiros
ollando as marabillas
coma quen mira ao exército que llo arrebatou todo,

a que nunca máis amará
viaxar,
porque só lle restan ruínas
das que partir.
Sen nome de autora na Voz de galicia

2 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Despois de moito tempo os nosos xoves vense de novo obrigados a abandoar a zua terrar. E o siigno destos tempos. O reloxo corre apresuradamente cara atras.

    ResponderEliminar