viernes, 10 de mayo de 2013

Cantiga de berce

Este neno pequeniño
tenche ganas de durmir
ten un olliño pechado
e outro non o pode abrir.

          
Esta cantiga de berce , cantábanola meu pai, Xusto. Moitos anos despois recupereina para Xana.

2 comentarios:

  1. Esa cantiga co primeiro verso distinto " esta neniña que teño no colo " tamen nola cantaba nosa nai.
    Grazas por lembrala e traela ata aqui.

    ResponderEliminar
  2. !Que non se perdan nunca estas cantigas!
    Non é marabilloso. Seguramente é popular e cada quen sabea dun xeito diferente.
    ! Inda pode ser que sexamos investigadoras !
    ¿ Apúntaste?

    ResponderEliminar