Se ha producido un error en este gadget.

jueves, 9 de mayo de 2013

Nova e libre versión da famosa "vaquera de la Finojosa" coa venia do marqués .

Moza máis fermosa
non vin na ribeira
como unha pastora
desta terra nosa.

!Máis fermosa era
que as rosas que nacen
pola primavera!

Na verde campeira
cheiña de flores
o gando coidaba
con outros pastores.

!Que xeitosa era
aquela vaqueira!

Ata ela chegou
no seu alazán
un gran cabaleiro
de capa e sombreiro.

Ó velo chegar
díxolle mimosa:
-xa te vexo vir
o que me demandas
gardeino para ti.


(A cara que se lle quedou o pastorciño que a amaba merece outro romance)

Ana López.

2 comentarios:

  1. Ben!!!!! Esta vaqueira "de la Finojosa" xa che é outra cousa. Seguro que se o Marqués vivira neste tempo a súa vaqueira sería unha "fina cosa" que aproveitaría calquera cabaleiro de bo ver... Non che están os tempos para rexeitar un macizo calbaleiro teña ou non teña sombreiro... E aínda lle quedaría tempo para consolar ao pastor se estaba "cachas" ( perdón pola expresión, hai que ver que ordinaria son...)

    ResponderEliminar
  2. Bueno, vou boba contigo, non sei se non terei que conto que sei desa vaqueira .....

    ResponderEliminar