domingo, 5 de mayo de 2013

LIÑAS

Na escola aprendiamos moitas cousas que daquela non sabiamos. A memoria traballábase polo miúdo e terían que pasar moitos anos para sacarlle proveito a aquelas leccións.
¿ Que me decides das matemáticas? Hoxe en día que farían os nosos políticos sen saber restar:
!Saca aquí e saca alí!
Tamen se dí que son uns artistas na papiroflexia e que fan uns sobres estupendos.
Deberían pensar en non suprimir as materias da arte, non se sabe cando che poden axudar.
Pero na escola o meu era o das liñas :
recta, curva, quebrada e ondulada.
Son a millor definición dos camiños da vida.
Hai quen vive rectamente. Son os guieiros. Antes tiñan moito prestixio pero hoxe en día estan moi devaluados.
Despois están os que se deslizan polas curvas; ascenden e descenden ate que comenzan a declinar. Tanto unha cousa como a outra lle son alleas. Cando fican non volven a erguerse.
Os triunfadores hoxe son os ondulados. Herdaron os movementos dos reptiles; sinuosos e invisibles. Máis móvense que diría aquel.
E ó final os dificiles, insociables e incontralables quebrados.Son moi turróns, van de zoupada en zoupada ate a zoupada final. Caen milleiros de veces, a maioría por causas que non lles van nin lles veñen.
Son unha nota discordante na melodía
pero necesaria.

                                   Ana López.

2 comentarios:

  1. CANTAS COUSAS APRENDICHES NA ESCOLA....¡¡¡¡¡¡

    ResponderEliminar

  2. Pois si, na escola aprendense moitas coussa que logo cada un utiliza segundo os seus particulares criterios e intereses ero o inxenio e algo que se posue ou non e ti, Ana,abofe que o tes.

    ResponderEliminar