miércoles, 7 de mayo de 2014

O ACOSO

Andaba o sol a despedir a tarde, nese hora que agarda pola noite.
Onde vivo todo da cobixo a ese instante. O silencio préndese na casa e o corpo comeza a relaxarse. Nada interrompe o sosego dos corazóns.

Por iso me asustou tanto o balbordo que chegaba da rúa e acerqueime a ventá por ver que pasaba.
O que contemplei era algo máis que unha liorta de nenos:

- Baixa maricón! - berraban.

Envalentonados e arengados por quen parecía o xefe; un rapaz que levaba na cara e nos xestos a sombra da violencia, un fato de cativos rían e berraban como tolos.

-Baixa nenaza !- repetía o pequeno matón.

Dende a ventá da casa de enfronte un neno loiro co cabelo enmarañado e os ollos vermellos de chorar tentaba manterse digno e respostáballes erguendo o dedo longo. De súpeto alguén o colleu  e pechou a fiestra. Non voltou a saír, ainda que nas escaleiras seguiron os berros e as gargalladas.

Non me puiden esquecer do neno aldraxado nin das risas de satisfacción dos acosadores.

A nenez non habita sempre o paraiso!

         Ana López.

3 comentarios:

  1. Está claro que a ti só che fai falla unha pequena chareta para prenderes.......
    Es maxicamente automática¡¡¡¡¡

    ResponderEliminar
  2. Suscribo o que di Gema. "Máxicamente aútomática!!!!" E ademáis reflictes a realidade dunha maneira certeira, áxil e cada vez máis perfecta na forma. Parabéns!!!!

    ResponderEliminar
  3. Se non chego estar nun terceiro non se iban sen unha boa rifa "os valentes" Todos contra un ! asi calquera!

    Moitas grazas polas vosas palabras.

    ResponderEliminar