Se ha producido un error en este gadget.

sábado, 10 de mayo de 2014




O home serea mírame desde a profundidade dun abismo sen auga. El está alí, pousando descarado, coa expresión inmutable do que non pode ser.
Téntame para que coma a mazá que sostén entre os dedos, xa mordisqueada por algunha Eva que se extraviou nos meandros dun paraíso.
Mordela, mentres o miro e me míra o home sirena, aínda que o meu auténtico desexo é sacarlle parte do peixe a dentadas, coma se fose a froita.

Pero as escamas son duras como diamantes. Entre os meus dentes rotos vaise coando sangue e seme. Cando estou por tocar o ceo, el detenme cunha mirada oblicua.

Resignadamente sigo coa mazá, baleirándoa da pouco, como se quixese baleirar ao home serea.
Mirella S.

1 comentario:

  1. Moi imaxinativa e novidosa a foto. Resulta inquietante. Moi sinuoso e insinuante o texto. Gústame. Pero eu prefiro un home sen escamas, no corpo, porque aló no fondo, as veces son peixes escorregadizos...

    ResponderEliminar